Código seQReto: Making of

Como nos aburrimos moito, fixemos unha pequena película sobre cóigoseQReo e ata lle chamamos así 🙂

E saíu isto:

 

Anuncios

código seQReto: O reto

Mañá, ao saír de clase, os tigres e gallifantes repartirán uns poucos códigos QR para poder levar a cabo o xogo do código seQReto. Eles non poden participar, xa que son os creadores dos vídeos e dos códigos, pero si todas as demais persoas.

Para saber todo o necesario do xogo, só tedes que visitar a páxina do reto, facendo clic nesta ligazón:

código seQReto

Nesa páxina web atoparedes a información necesaria sobre o reto, as apps que podedes utlizar e a dinámica para poder participar neste reto sobre lectura, audiovisuais e dispositivos móbiles.

Lembrade, o acceso ás preguntas a contestar parapoder ver os vídeos, só se poderá facer a través dos códigos QR.

Mañá comeza código seQReto!!!